Escoitar.org reflexiona sobre o control social a través do son

 
Galicia ambiental

Sábado
26.09.2009
 |  Actualizado 11.13
     Hemeroteca web
 |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting

El Correo Gallego

Google



[Noticia 11 de 18]noticia anterior de Gente y comunicación Gente y
comunicación
| sociedad@elcorreogallego.es  |  RSS - Gente y comunicación RSS

arte sonora

Escoitar.org reflexiona sobre o control social a través do son

O colectivo instalará un mecanismo, usado contra o ‘botellón’, que emite
unha frecuencia que só oen os mozos ·· O
seminario celebrarase entre o 5 e o 10 de outubro

  • Currently 0.00/5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

0.0/5 [0 Voto/s]

Atrás Imprimir Recomendar Aumentar texto Reducir texto

V. OLIVEIRA • SANTIAGO

O colectivo escoitar.org proba na Coruña un «mosquito» -un mecanismo
que emite unha frecuencia de son que só perciben os menores de 30 anos empregado
en Gran Bretaña para evitar os botellóns– co fin de «abrir un debate
sobre a fenda existente entre adolescentes e adultos». Trátase dunha das accións
que porán en marcha do 5 ao 10 de outubro nun seminario no que Chiu Longina e
Juan Gil-López se achegarán aos usos do son como arma e mecanismo de control
social, dentro das actividades do Outonarte que se celebra na cidade
herculina.

«Decatámonos de que o problema -explica o antropólogo e coordinador de
escoitar.org, Chiu Longina- é que o Goberno lexisla só a presión acústica, é
dicir, a cantidade de decibelios, pero nós queremos que tamén se lexisle a
cualidade sonora, que tamén nos afecta aínda que o son estea por debaixo dos
decibelios que marca a normativa».

Para iso, o obradoiro, que se celebrará na praza de María Pita a partir das
16.30 horas, estudará un dispositivo sonoro que está precisamente deseñado para
causar dano ou disuadir.

Para iso, probarán na Coruña os efectos do chamado «mosquito» -do que en Gran
Bretaña están instalados 6.000 dispositivos- que produce un son intermitente de
alta frecuencia -só audible para os menores de 30 anos- que produce unha
irritación aguda no oído. «Para nós é unha arma acústica porque o seu ton agudo
provoca unha presión constante na base occipital do cerebro e non se saben cales
serán os seus efectos a longo prazo», denuncia Longina.

Con todo, non queren desvelar onde instalarán o dispositivo -«para que non o
rompan»- , só indican que será unha zona da cidade na que se celebran botellóns
durante unha semana. O 16 de outubro, o colectivo celebrará unha mesa redonda
para coñecer cal foi a reacción do concello, os adultos e os adolescentes sobre
o debate que formulan.Outra das partes do seminario será o que chaman unha
«audio-acción»: un paseo sonoro de media hora polas rúas da Coruña levando un
Macrófono, un micrófono inchable de 7 metros de longo.

Chuza esta noticia Escoitar.org reflexiona sobre o control social a través do son Añadir a Menéame la noticia Escoitar.org reflexiona sobre o control social a través do son Añadir a Del.icio.us la noticia Escoitar.org reflexiona sobre o control social a través do son Añadir a Yahoo la noticia Escoitar.org reflexiona sobre o control social a través do son Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir

Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser
usuario registrado.
Si
no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones
de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que
vulneren la legalidad.

Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas
de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y
política de privacidad

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio
Ir al contenido