Sábado
26.09.2009 | Actualizado 11.13
Hemeroteca web
|
RSS
[Noticia 11 de 18]
Gente y
comunicación| sociedad@elcorreogallego.es |
RSS
arte sonora
Escoitar.org reflexiona sobre o control social a través do son
O colectivo instalará un mecanismo, usado contra o ‘botellón’, que emite
unha frecuencia que só oen os mozos ·· O
seminario celebrarase entre o 5 e o 10 de outubro
V. OLIVEIRA SANTIAGO
O colectivo escoitar.org proba na Coruña un «mosquito» -un mecanismo
que emite unha frecuencia de son que só perciben os menores de 30 anos empregado
en Gran Bretaña para evitar os botellóns– co fin de «abrir un debate
sobre a fenda existente entre adolescentes e adultos». Trátase dunha das accións
que porán en marcha do 5 ao 10 de outubro nun seminario no que Chiu Longina e
Juan Gil-López se achegarán aos usos do son como arma e mecanismo de control
social, dentro das actividades do Outonarte que se celebra na cidade
herculina.
«Decatámonos de que o problema -explica o antropólogo e coordinador de
escoitar.org, Chiu Longina- é que o Goberno lexisla só a presión acústica, é
dicir, a cantidade de decibelios, pero nós queremos que tamén se lexisle a
cualidade sonora, que tamén nos afecta aínda que o son estea por debaixo dos
decibelios que marca a normativa».
Para iso, o obradoiro, que se celebrará na praza de María Pita a partir das
16.30 horas, estudará un dispositivo sonoro que está precisamente deseñado para
causar dano ou disuadir.
Para iso, probarán na Coruña os efectos do chamado «mosquito» -do que en Gran
Bretaña están instalados 6.000 dispositivos- que produce un son intermitente de
alta frecuencia -só audible para os menores de 30 anos- que produce unha
irritación aguda no oído. «Para nós é unha arma acústica porque o seu ton agudo
provoca unha presión constante na base occipital do cerebro e non se saben cales
serán os seus efectos a longo prazo», denuncia Longina.
Con todo, non queren desvelar onde instalarán o dispositivo -«para que non o
rompan»- , só indican que será unha zona da cidade na que se celebran botellóns
durante unha semana. O 16 de outubro, o colectivo celebrará unha mesa redonda
para coñecer cal foi a reacción do concello, os adultos e os adolescentes sobre
o debate que formulan.Outra das partes do seminario será o que chaman unha
«audio-acción»: un paseo sonoro de media hora polas rúas da Coruña levando un
Macrófono, un micrófono inchable de 7 metros de longo.
Escribe tu comentario
en las páginas
de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y
política de privacidad
Todos los
derechos reservados. Prohibida la
reproducción parcial o total del contenido
sin la
expresa autorización del propietario.

















